InicioVigo e contornaVigoPais e nais en contra da privatización do servizo de bedeis en...

Pais e nais en contra da privatización do servizo de bedeis en colexios de Vigo: “Non o podemos consentir”

"Non entendemos que agora que hai unha lista pública onde hai 50 persoas que poden cubrir as postos vacantes, o Concello pretenda privatizar o servizo", lamentou a presidenta de Foanpas, Iria Salvande.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pais e nais de Vigo concentráronse na mañá deste xoves diante do CEIP Illas Cíes de Coia para protestar pola privatización do servizo de bedel de varios colexios da cidade: “Non o podemos consentir”.

Convocados pola a Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas), decenas de persoas acudiron ás portas do centro para pedir ao Concello que non privatice este servizo municipal.

Con berros de ‘Non, non, non, á privatización’, pais e nais e representantes de varios sindicatos, como UGT ou a CIG, puxeron en valor o traballo dos bedeis, sendo “imprescindible” a súa presenza nos colexios.

“Non entendemos que agora que hai unha lista pública onde hai 50 persoas que poden cubrir as postos vacantes, o Concello pretenda privatizar o servizo”, lamentou a presidenta de Foanpas, Iria Salvande.

Preguntada sobre se se puxeron en contacto co Concello para falar do tema, Salvande dixo que si o tentaron, pero que “non tiveron ningunha noticia” da Administración, a pesar de que pediron unha reunión co responsable de Educación.

Por todo iso, anunciaron que se concentrarán en máis colexios de Vigo para protestar por esta situación. O xoves que vén, día 28 de setembro, será a quenda do Igrexa-Candeán, onde acudirán ás 19,00 horas.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...