InicioSucesosDetido por arremeter contra os axentes tras furtar varias prendas nun comercio...

Detido por arremeter contra os axentes tras furtar varias prendas nun comercio de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo, co apoio da Policía Nacional, detiveron nas últimas horas a un home como suposto autor dun delito de atentado, por atacar aos policías que o estaban identificando tras cometer supostamente un furto nunha tenda de roupa do centro da cidade.

Os feitos ocorreron na mañá do mércores, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un establecemento comercial da rúa Príncipe, onde un individuo estaba a forzar as alarmas das pezas de roupa, antes de tirar esa roupa por unha xanela.

Cando os policías entraron no local, o sospeitoso reaccionou de forma violenta, e ameazounos con tirarlles encima un expositor da tenda. O home fixo caso omiso das indicacións dos axentes para depor a súa actitude e identificarse, e comezou a bracear, moi nervioso e a gritar frases incoherentes.

Ata o lugar desprazouse tamén unha unidade da Policía Nacional, que tamén tentou acougar sen éxito ao home. Finalmente, os axentes suxeitárono e este reaccionou arremetendo contra os funcionarios, propinándolles empuxóns e puñadas.

Por estes feitos, procedeuse á súa detención por un suposto delito de atentado contra axentes da autoridade, e deuse conta dos danos causados no establecemento e nas pezas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...