InicioVigo e contornaVigoO BNG rexeita a privatización do servizo de bedeis en colexios públicos...

O BNG rexeita a privatización do servizo de bedeis en colexios públicos de Vigo

Así o manifestou o portavoz do grupo municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tras manter unha reunión con representantes da Federación Olívica de Anpas e do persoal afectado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo trasladou este mércores o seu rexeitamento á intención do goberno municipal de privatizar “pola porta de atrás” os servizos de conserjería dos colexios públicos da cidade.

Así o manifestou o portavoz do grupo municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tras manter unha reunión con representantes da Federación Olívica de Anpas e do persoal afectado.

Pérez Igrexas lembrou a “nefasta experiencia” da privatización dos servizos de apertura e peche das instalacións deportivas, que supuxo un “evidente empeoramento” do servizo e unha maior precariedade laboral.

Por iso, alertou de que o goberno local “ameaza con deixar ata 24 centros educativos públicos da cidade sen este servizo esencial”, e avanzou que o BNG solicitará acceso á documentación do procedemento “para pór claridade e transparencia neste xogo de sombras algo perverso”.

Pérez Igrexas apuntou que hai alternativas legais para resolver a situación, como a que propón a CIG e reclamou ao goberno municipal que execute a bolsa de contratación que resolveu hai apenas dous meses e que “permitiría contar co persoal necesario para garantir que todos os colexios públicos de Vigo teñan persoal de portaría e vixilancia”.

Esta solución “poría fin aos malos apaños e parches absolutamente precarios” que se impuxeron no pasado curso escolar, con persoal compartido entre diferentes centros. Así mesmo, propuxeron que se convoquen prazas interinas na futura OPE de 2023 para consolidar o servizo. “O problema está no obxectivo descarado do goberno municipal de converterse nos verdadeiros campións das privatizacións”, subliñou Pérez Igrexas.

OFICINA DA FAO

Por outra banda, o grupo municipal do BNG tamén afeou o “veto” do grupo socialista á proposta de declaración institucional formulada polos nacionalistas para que Vigo acolla unha oficina da Rede Global de Portos Azuis.

Xabier Pérez Igrexas criticou que o grupo de goberno aplicase o seu “rodete” de maioría absoluta na Xunta de Portavoces para rexeitar a proposta nacionalista, alegando “genéricamente” que o texto tiña “inexactitudes”, pero “sen expresar ningunha modificación concreta”.

De feito, apuntou que o PSOE trasladou a posibilidade de que o alcalde presente un texto propio sobre este asunto, “sen garantías de consenso coa oposición e que tería que ser incorporado no pleno do luns pola vía de urxencia”.

O portavoz do BNG avanzou que o seu grupo apoiará “calquera iniciativa que, de maneira clara e inequívoca, reclame un compromiso efectivo” por parte das administracións para garantir esa sede da FAO, pero matizou que non apoiarán un texto que tento “ocultar” a falta de actuación do Goberno central nesta cuestión.

ÚLTIMAS

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

O BNG de Vigo pide explicacións sobre o correo que desautorizou o Saltamontes

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este venres ao goberno local que...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...