InicioEconomíaAnpas critican a "decisión unilateral" do Concello de "privatizar" ao persoal de...

Anpas critican a “decisión unilateral” do Concello de “privatizar” ao persoal de conserxería dos colexios

A presidenta de Foanpas, Iria Salvande, lamentou que o goberno municipal decidise cubrir as 24 prazas vacantes de conserxería dos centros vigueses contratando a unha empresa privada, no canto de chamando ao persoal da lista do último concurso público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) criticaron este luns a “decisión unilateral” do Concello de “privatizar” o servizo de conserxería dos colexios da cidade. A presidenta de Foanpas, Iria Salvande, lamentou que o goberno municipal decidise cubrir as 24 prazas vacantes de conserxería dos centros vigueses contratando a unha empresa privada, no canto de chamando ao persoal da lista do último concurso público.

“Non parece de recibo que se privatice. O conserxe é algo máis que a persoa que abre e pecha a porta”, reivindicou Salvande, insistindo en que había moitas persoas nas listas públicas para ser chamadas “e agora o Concello decidiu privatizar o servizo. É unha barbaridade”.

Tal como explicou, ata a data as vacantes estaban a ser cubertas por persoal temporal, porque non se sacou unha nova oposición. Con todo, segundo a presidenta de Foanpas, agora a nova lexislación non permite estas contratacións, polo que “no canto de sacar estas prazas a concurso, privatízase o servizo”. Por todo iso, desde a Federación convocouse unha concentración o vindeiro xoves ás 11.30 horas diante do colexio Islas Cíes, no barrio de Coia, para protestar por esta situación.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...