InicioArtesanía, alimentación e oficios tradicionais galegos na Feira dos Remedios en Ponteareas

Artesanía, alimentación e oficios tradicionais galegos na Feira dos Remedios en Ponteareas

A demostración de oficios e os talleres abertos dirixidos a todo tipo de públicos supoñen unha das vías "máis efectivas" para achegar a artesanía á sociedade e, especialmente, aos máis pequenos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, animou a visitar a Feira Tradicional dos Remedios de Ponteareas que combina a comercialización de pezas de Artesanía de Galicia coa demostración de oficios tradicionais, a venda de produtos gastronómicos e actividades lúdicas relacionadas coa artesanía e a música.

Segundo informou a Xunta, nesta edición a Feira conta con 18 expositores de Artesanía de Galicia, postos de alimentación e demostracións de oficios tradicionais galegos.

A Fundación Artesanía Galicia colabora nesta edición coa organización de tres talleres de artesanía abertos ao público, gratuítos e sen inscrición previa, que se celebraron entre a xornada do venres e este sábado.

A demostración de oficios e os talleres abertos dirixidos a todo tipo de públicos supoñen unha das vías “máis efectivas” para achegar a artesanía á sociedade e, especialmente, aos máis pequenos.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...