InicioVigo e contornaVigoInvestigan a identidade dun home que apareceu flotando tras detectar un vehículo...

Investigan a identidade dun home que apareceu flotando tras detectar un vehículo parado co motor en marcha en Rande

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios medios foron mobilizados para localizar a un home na contorna da ponte de Rande, en Moaña. Equipos de emerxencias foron alertados da presenza dun vehículo parado na infraestrutura, nun dos carrís sentido Vigo, sen ninguén dentro, o que mobilizou varios medios.

Desta maneira, o 112, que recibiu o aviso pasadas as 4,30 horas, activou un dispositivo que incluíu Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, a embarcación Salvamar Mirach; Gardacostas de Galicia, que participou co helicóptero de rescate Pesca I; os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Garda Civil, que desprazaron ao momento unha lancha de rescate; a Policía Local de Moaña e os operarios de conservación da autoestrada.

Tras varias horas de procura, á primeira hora da mañá deste xoves outro alertador contactaba co 112 Galicia para informar de que observaba o corpo dun home flotando nas proximidades da ponte de Rande. Finalmente, os servizos de emerxencias procederon á recuperación do corpo e as forzas da orde investigan acerca da identidade da persoa e as causas do suceso.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...