InicioEconomíaA factoría de Stellantis en Vigo suma novas paradas de produción por...

A factoría de Stellantis en Vigo suma novas paradas de produción por falta de aprovisionamentos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo automobilístico Stellantis en Vigo volverá suspender parte da súa produción esta semana por problemas de subministración de compoñentes, segundo trasladou a dirección da factoría ao persoal.

Así, nesta ocasión, a falta de aprovisionamentos obriga a suspender as quendas de tarde e noite deste mércores, e a quenda de mañá deste xoves, todos eles no sistema 1, o que monta os modelos Peugeot 2008, Peugeot 301 e Citroën C-Elysée.

Desde a reincorporación ao traballo despois das vacacións de verán, o pasado 21 de agosto, rexistráronse continuas alteracións na produción debido aos problemas de subministracións. Tanto o sistema M1 como o M2 (que produce as furgonetas) viron suspendidos quendas en máis de media ducia de xornadas.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...