InicioPolíticaO BNG de Vigo denuncia o intento de desaloxo definitivo da FAVEC...

O BNG de Vigo denuncia o intento de desaloxo definitivo da FAVEC e censura a “represión” a entidades críticas con Caballero

A FAVEC ocupou unhas oficinas nese inmoble desde 1994, en virtude a un convenio que segue en vigor, e que as abandonou en outubro de 2021 polas obras de rehabilitación do edificio, "co compromiso de retornar pasados 13 meses".

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo denunciou este martes “un novo caso de represión do goberno municipal contra o movemento veciñal” da cidade, tras coñecer a pretensión de Abel Caballero de “desaloxar definitivamente” á Federación de Asociacións Veciñais da sede de Praza da Princesa.

Segundo informou o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tras manter un encontro con representantes da Federación (na que tamén participou o concelleiro Filipe Abalde), o BNG tivo coñecemento da intención do goberno local tras acceder a unha dilixencia asinada o pasado 28 de xullo nun expediente. Nesa dilixencia manifestábase a intención de dedicar a totalidade do edificio municipal de Praza da Princesa a sede da Oficina de Rehabilitación da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Pérez Igrexas lembrou que a FAVEC ocupou unhas oficinas nese inmoble desde 1994, en virtude a un convenio que segue en vigor, e que as abandonou en outubro de 2021 polas obras de rehabilitación do edificio, “co compromiso de retornar pasados 13 meses”.

Ocupar agora todas as instalacións para esa oficina de rehabilitación é, para o edil do BNG, “unha coartada falsa” do goberno municipal para “desaloxar definitivamente” á Federación Veciñal, entidade moi crítica con Caballero. “Este é un paso máis na escalada de brutal represión do goberno municipal contra o tecido asociativo, concretamente contra entidades como a Federación, que non se someten aos ditados que se pretenden impor”, sinalou Xabier Pérez Igrexas.

O concelleiro chamou ao goberno vigués a “cesar na súa tentativa de desaloxo”, e sinalou que existen suficientes inmobles municipais para acoller servizos como a Oficina de Rehabilitación, á vez que constatou que “toda entidade, colectivo e asociación que ousa discrepar do goberno municipal sofre o castigo a través de distintas formas de violencia administrativa”.

Pola súa banda, a presidenta da FAVEC, María Pérez, sinalou que a entidade, a pesar de non ter sede, segue traballando para ser voz das asociacións veciñais de Vigo. Así mesmo, referiuse a algúns dos asuntos tratados no encontro cos edís do BNG, entre eles a tramitación da PXOM e das máis de 4.000 alegacións.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...