InicioSociedadeAbel Caballero prevé que o novo PXOM de Vigo entre en vigor...

Abel Caballero prevé que o novo PXOM de Vigo entre en vigor no primeiro semestre de 2024

O alcalde subliñou que esta é "unha gran noticia", posto que o plan urbanístico supón "o presente e o futuro" de Vigo, á vez que incidiu novamente en que é un PXOM "extraordinario", centrado "na vivenda libre de especulación", con dotacións públicas e amplas zonas verdes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este martes que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade estará en vigor no primeiro semestre de 2024. Así o manifestou nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, nas que lembrou que o novo plan xa conta con luz verde da Xunta no informe ambiental, de maneira que a aprobación provisional terá lugar “en dous meses”.

Segundo os cálculos do rexedor, “nos seguintes seis meses” poderá levar a pleno a aprobación definitiva do documento, polo que, no primeiro semestre do ano que vén, “estará aprobado e en funcionamento”. O alcalde subliñou que esta é “unha gran noticia”, posto que o plan urbanístico supón “o presente e o futuro” de Vigo, á vez que incidiu novamente en que é un PXOM “extraordinario”, centrado “na vivenda libre de especulación“, con dotacións públicas e amplas zonas verdes.

Por outra banda, Caballero informou da concesión da primeira licenza para edificar no núcleo do Barrio do Cura. Trátase dun un inmoble de cinco plantas e dúas plantas soto, con 107 vivendas, das que 30 están “suxeitas a algún réxime de protección pública”, e en cuxa execución se investirán 11,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...