InicioSociedadeA autovía A-55 sufrirá retencións polo saneo e estabilización de noiros en...

A autovía A-55 sufrirá retencións polo saneo e estabilización de noiros en Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana está a executar as obras de saneo e estabilización de noiros entre os quilómetros 27,735 e 28,025 da calzada sentido Portugal da autovía A-55, na contorna de Tui, na provincia de Pontevedra.

Tras a finalización dos traballos da primeira fase (entre os meses de xaneiro e xuño do presente ano), van dar comezo os traballos da segunda.

Por este motivo e para garantir a seguridade viaria dos traballadores e usuarios da autovía, a partir do luns 4 de setembro, ao redor das 8,00 horas, será necesario o corte do tráfico da calzada con sentido Tui/Portugal da A-55 entre os quilómetros 27,600 e 28,200.

O tráfico será desviado pola calzada oposta (sentido Vigo), e habilitarase na devandita calzada o tráfico en dobre sentido de circulación. As afectacións ao tráfico prolongaranse previsiblemente ata finais de setembro, de acordo coa información que traslada o ministerio.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...