InicioSucesosO campista ferido en Cíes segue en UCI, estable dentro da gravidade,...

O campista ferido en Cíes segue en UCI, estable dentro da gravidade, e a muller recibirá a alta en próximas horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O campista italiano de 32 anos que resultou ferido grave na madrugada deste xoves ao caer unha rama dunha árbore na súa tenda, nas illas Cíes, permanece ingresado na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, estable “dentro da gravidade”.

Así o confirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en declaracións aos medios antes dunha visita ao centro de saúde de Navia, en Vigo. Segundo sinalou, dos dous afectados que seguían no hospital, o máis, grave, o home, segue con prognóstico reservado, estable “dentro da gravidade”, e expresou o seu desexo de que a súa situación poida mellorar e a evolución sexa positiva.

Con respecto á outra persoa ingresada, unha muller portuguesa, a súa evolución foi favorable e é probable que, en próximas horas, sexa dada de alta. García Comesaña lamentou o “desafortunado” accidente e agradeceu a resposta das persoas que se atopaban no cámping no momento do sinistro, algunhas delas profesionais sanitarios de vacacións, que prestaron a primeira axuda. Así mesmo, puxo en valor a rápida actuación dos servizos de emerxencias.

O accidente ocorreu na madrugada do xoves, cando unha rama de gran tamaño caeu sobre varias tendas de campaña no cámping das Illas Cíes. Como resultado, catro persoas resultaron feridas e trasladas ao hospital.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...