InicioMedio Ambiente e PatrimonioXunta e UVigo abordan o uso de renovables para mellorar a eficiencia...

Xunta e UVigo abordan o uso de renovables para mellorar a eficiencia enerxética na institución académica

O secretario xeral de Industria da Xunta, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro con responsables da Universidade de Vigo para abordar as liñas de colaboración entre ambas as partes e tratar futuros proxectos conxuntos, e no que se tratou, entre outras cuestións, o uso do hidróxeno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral de Industria da Xunta, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro con responsables da Universidade de Vigo para abordar as liñas de colaboración entre ambas as partes e tratar futuros proxectos conxuntos, e no que se tratou, entre outras cuestións, o uso do hidróxeno.

Segundo explicou Nicolás Vázquez, Xunta e Universidade ven o hidróxeno como “un alicerce enerxético no futuro, cun elevado potencial de xeración en Galicia”. Na reunión, na que participaron o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luís Míguez, e o adxunto ao reitor, Jacobo Porteiro.

Ademais do uso de hidróxeno, Xunta e UVigo falaron tamén dos plans enerxéticos levados a cabo pola institución académica ata este momento, e os que prevé impulsar no futuro, baseados no uso de enerxías renovables para a produción térmica e eléctrica, ademais da implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...