InicioSociedadeUn home ameaza de morte á súa exparella cun desaparafusador en presenza...

Un home ameaza de morte á súa exparella cun desaparafusador en presenza dos seus fillos menores en Travesía de Vigo

Xa o día anterior rompera todas as súas pertenzas e electrodomésticos varios, motivo da discusión que levou a este episodio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, R.O.F. de 37 anos de idade, foi detido na tarde deste pasado mércores en Vigo tras ameazar de morte á súa exparella cun desaparafusador en presenza dos seus fillos de 4 e 6 anos. Foi sobre as 16.55 horas cando a Policía Local tivo coñecemento dos feitos a través dunha chamada que solicitaba asistencia na Travesía de Vigo debido a unha discusión de parella.

Unha vez no lugar, os axentes atopáronse no rellano das escaleiras a un individuo con “actitude pasiva”, a pesar de que desde o exterior escoitábanse os choros dunha muller no interior do piso. Por iso, os actuantes entraron na vivenda e entrevistáronse coa vítima, que se atopaba nun “grave estado de nerviosismo“, segundo recolle a Policía Local nun comunicado.

Ela manifestou que a súa exparella xa o día anterior rompera todas as súas pertenzas, así como electrodomésticos varios, incluíndo a televisión. Debido a estes feitos produciuse unha discusión entre ambos e no medio da mesma o home ameazáraa de morte cun desaparafusador, mentres os seus fillos de 4 e 6 anos presenciaban a escena. Por iso, chamou á Policía.

Tras isto, os axentes entrevistáronse co home, que prestou declaracións “contraditorias”, polo que se lle detivo como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Minutos despois, os funcionarios trasladaron á muller a un centro médico, debido ao episodio de ansiedade que sufría.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...