InicioSociedadeA contorna de Vigo quere praia: a demanda obriga a incrementar en...

A contorna de Vigo quere praia: a demanda obriga a incrementar en agosto en máis de 200 frecuencias as liñas de bus en Vigo, Baiona e Gondomar

O Goberno galego tamén amplía a oferta desde O Porriño e Tui para viaxar ás praias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia incrementou durante o mes de agosto máis de 200 frecuencias de autobús semanais na liña Vigo-Baiona e Vigo-Gondomar, e nos servizos diarios ao Porriño, Ponteareas e Tui cara a Praia América, en Nigrán. Tal como informou o Goberno galego, os servizos que conectan estas localidades e as zonas de praia refórzanse para atender a demanda de transporte público específica durante esta época.

En concreto, dúas das liñas que atenden a conexión Vigo-Baiona contan en agosto con servizos reforzados. Unha delas con paradas nas praias de Nigrán: América, Panxón e Patos. Estas liñas realizarán 187 servizos máis á semana con respecto aos meses de setembro a xuño, 27 máis ao día de luns a sábado e 25 máis os domingos e festivos.

Entre Vigo e Gondomar, a liña que realiza paradas nas praias terá en agosto 29 servizos máis á semana, cinco máis diarios de luns a venres e dous máis sábados, domingos e festivos. “Estes reforzos permiten ter autobuses case cada hora durante a tarde entre semana e no fin de semana horarios adecuados aos desprazamentos á praia“, indicou o Executivo autonómico.

O aumento dos autobuses tamén facilita a oferta de viaxes á praia desde outros concellos do sur de Vigo, con liñas directas sen paradas intermedias desde O Porriño e Tui a praia América, segundo engadiu a Xunta. Así, desde O Porriño os cidadáns dispoñen en agosto dun servizo de ida e outro de volta todos os días da semana, con saída ás 15.00 horas e regreso ás 20.30 horas desde o areal. A duración é de 30 minutos ao non haber paradas intermedias.

“Esta liña directa pode ser empregada por usuarios de Ponteareas, tras os axustes realizados desde o 1 de agosto para mellorar a coordinación cos servizos que conectan Ponteareas e Vigo e facilitar as ligazóns no Porriño”, subliñou o Goberno galego. Desde Tui tamén hai unha liña directa a praia América cunha expedición de ida e outra de volta de luns a domingo, con saída ás 12.00 horas e volta ás 19.00 horas.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...