InicioCulturaO Laxeiro adolescente, exposto en Vigo por primeira vez

O Laxeiro adolescente, exposto en Vigo por primeira vez

A Fundación Laxeiro expón por primeira vez sete obras sobre papel, a lapis, carboncillo e acuarela, da época adolescente do artista galego, entre este xoves 3 de agosto e o 15 de outubro, baixo o título 'Laxeiro, paisaxes de adolescencia'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Laxeiro expón por primeira vez sete obras sobre papel, a lapis, carboncillo e acuarela, da época adolescente do artista galego. Entre este xoves 3 de agosto e o 15 de outubro, a fundación situada en Vigo exporá as obras, datadas a finais dos anos vinte e principios dos anos trinta, baixo o título ‘Laxeiro, paisaxes de adolescencia’.

Segundo explican nun comunicado, “estas pezas ilustran como un Laxeiro, aínda adolescente, aprendía a pintar e a debuxar a partir do seu territorio visual máis inmediato“. “As paisaxes rurais da comarca do Deza descóbrennos un Laxeiro paisajista insólito, pouco tempo antes de adoptar unha mirada propia que cambiaría o tema da paisaxe por escenas con personaxes, coas que foi construíndo a súa singular obra”, relatan.

As obras corresponden a un Laxeiro entre os 18 e os 22 anos e mostran ensaios de liña, de cor e de composición; exercicios de selección do encadre nos que “o tema aínda non era unha preocupación e o seu futuro como artista aínda era unha incógnita, un desexo incerto que o novo pintor alimentaba de forma autodidacta, cunha vontade inquebrantable”. “‘Laxeiro, paisaxes de adolescencia’ quere mostrar a mirada virxe dun mozo aprendiz de artista que, ao longo do século XX cambiaría a pintura galega para sempre“, conclúen.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...