InicioEconomíaEsixen mellorar o convenio para o sector de produtos elaborados do mar,...

Esixen mellorar o convenio para o sector de produtos elaborados do mar, co control das ETTs e suba salarial

PUBLICADO O

- Advertisement -

Despois de numerosas reunións en Madrid, as negociacións do convenio estatal do sector de produtos elaborados do mar veñen de paralizarse tras unha nova proposta “involucionista”, denuncian desde a CIG, por parte da patronal.

A CIG-Mar rexeita o que cualifican como un “convenio de miseria” e reivindica melloras substanciais para un sector sediado na súa maior parte en Galiza, formulando a posibilidade de mobilizacións.

Desde a CIG-Mar indican que o convenio estatal de produtos elaborados do mar, que expirou en 2015, é un dos máis precarios de todo o sistema de alimentación. Por iso se marcan como meta a recuperación salarial, xa que “desde 2010 as subas non lograron acadar sequera o aumento do IPC, empobrecendo unhas nóminas xa de por si baixas”.

A patronal, pola súa parte, vén de causar este luns 24 de setembro a ruptura das negociacións para un novo convenio despois de presentar unha proposta global regresiva que non contenta á parte social.

Ramona, protagonista de Matria, premiada en Cans / todocine.com

“Se ben aumentaron a oferta salarial para o primeiro ano de vixencia, 2018, recortaron outro tipo de cuestións nas que se avanzara durante a negociación”, indican desde a CIG-Mar.

A plataforma formulada desde a central nacionalista xira en torno a un aumento importante nos salarios, unha paga extraordinaria prorrateada durante a vixencia do convenio, a redución da carga horaria, conseguir un plus de refrixeración debido ás baixas temperaturas nas que se traballa ou recoñecer outros pluses para traballos especiais, entre outros.

Tamén na necesidade de limitar e controlar a actividade das ETTs, así como de prohibir as cooperativas de traballo asociado ou as empresas multiservizos.

Insisten en que o sector, implantado na súa maior parte en Galiza, ten un potencial de crecemento moi alto e que iso se debe reflectir na mellora das condicións dos milleiros de traballadores cos que conta.

Por iso, e despois da paralización das negociacións para o novo convenio, desde a CIG-Mar iniciarán un proceso de asembleas e interlocución con outras centrais de cara a mobilizar o sector.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...