InicioVisitas guiadas para dar a coñecer o patrimonio de Tui acompañadas con...

Visitas guiadas para dar a coñecer o patrimonio de Tui acompañadas con especialistas

O programa comeza este xoves, ás 20,30 horas, na aula da UNED, cunha conferencia sobre os resultados das últimas escavacións desenvolvidas na necrópole de San Bartolomeu de Rebordáns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Achegarse aos diversos espazos patrimoniais do municipio a través de percorridos guiados por especialistas é o obejtivo do programa de visitas ‘Coñece o noso patrimonio’, organizado polo Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración da concellaría de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

Desde este xoves, 27 de xullo, e ata o 25 de agosto desenvolveranse un total de cinco visitas a diversos elementos patrimoniais desta localidade. As visitas, de carácter gratuíto, contan con aforamento limitado, polo que é preciso realizar inscrición previa enviando un correo electrónico a biblioteca@tui.gal.

O programa comeza este xoves, ás 20,30 horas, na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, cunha conferencia sobre os resultados das últimas escavacións arqueolóxicas desenvolvidas na necrópole de San Bartolomeu de Rebordáns.

O director desta intervención, Patxi Pérez Ramallo, tratará na conferencia, titulada ‘Redescubrindo San Bartolomeu de Rebordáns: Elite social non centro de poder da Gallaecia tardoantiga’, os resultados desta investigación arqueolóxica, que incide na importancia que tivo este emprazamento como lugar de poder.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...