InicioSociedadeDurante 24 horas a cidade conta só con 12 dos 20 bombeiros...

Durante 24 horas a cidade conta só con 12 dos 20 bombeiros que debería ter, segundo a CUT

O sindicato volveu a denunciar que o parque de bombeiros municipal de Coruxo volveu a estar pechado pola falta de persoal, algo que xa ocorreu varias veces nos últimos tempos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

sindicato CUT volveu a denunciar que o parque de bombeiros municipal de Coruxo volveu a estar pechado pola falta de persoal, algo que xa ocorreu varias veces nos últimos tempos.

Nun comunicado, o sindicato detallou que durante 24 horas a cidade de Vigo conta con 12 bombeiros “dos 20 mínimos que debería ter”. Deles, apunta, dous son bombeiros-condutor, “polo que os máis de 20 vehículos cos que conta o servizo van estar inutilizados”.

En concreto, indica que só poden facer fronte a emerxencias no vehículo de primeira saída e a escaleira de rescate en altura. “A seguridade de novo da cidade e dos bombeiros volve estar no aire grazas ao deixamento municipal”, denuncia.

Segundo o sindicato, “parece ser” que o Concello quere contratar a 11 interinos para cubrir as vacantes, “pero tarde e mal”. “Esta situación viñámola denunciando hai meses e fixeron caso omiso, agora vai chegar tarde porque como moi pronto estarán a traballar no servizo estes novos compañeiros dentro de tres meses”, reprocha.

Agora, a sección sindical da CUT expón a denuncia penal polo “reiterado deixamento nas obrigacións en prevención de riscos laborais, así como da obrigación na protección dos cidadáns da cidade de Vigo”.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...