InicioSociedadeAmnistía Internacional pide que se investigue o posible "uso excesivo" da forza...

Amnistía Internacional pide que se investigue o posible “uso excesivo” da forza na folga do metal de Vigo

Solicita aos partidos políticos un compromiso para prohibir as pelotas de goma na próxima lexislatura

PUBLICADO O

- Advertisement -

Amnistía Internacional pediu ao Ministerio de Interior e ao Defensor do Pobo que investiguen o posible “uso excesivo” da forza na actuación policial durante os diferentes días de folga do sector do metal en Vigo.

Tal como lamentou a ONG, as imaxes difundidas do conflito mostran “disparos indiscriminados” contra unha concentración de persoas, algo prohibido polas normas internacionais sobre o uso da forza. “Ante as cargas policiais rexistradas estes días contra traballadores en folga do sector do metal en Vigo mostramos a nosa preocupación polas posibles vulneracións de dereitos humanos cometidas pola Policía Nacional”, declarou a coordinadora da campaña Dereito á Protesta de Amnistía Internacional Vigo, Monstserrat Jáudenes.

Por iso, instou á Subdelegada do Goberno en Pontevedra e ao Delegado do Goberno en Galicia a que investiguen as actuacións levadas a cabo para esclarecer posibles casos de “uso excesivo” da forza.

Ademais, a organización solicitou aos diferentes candidatos políticos da provincia de Pontevedra un compromiso “real e efectivo” para prohibir o uso de pelotas de goma na próxima lexislatura, por ser “intrinsecamente imprecisas” e pola elevada probabilidade de causar lesións graves. “A traxectoria das pelotas de goma é imprecisa e indiscriminada, non se pode rastrexar e teñen un risco alto de causar lesións graves”, engadiu a portavoz de Amnistía Internacional.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...