InicioSucesosTres meses de cárcere e 7.200 euros de multa os acusados de...

Tres meses de cárcere e 7.200 euros de multa os acusados de comerciar con gases prohibidos

Un dos gases prohibidos cos que comerciaban era o R22, altamente agresivo ca capa de ozono.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este martes unha vista de conformidade na que catro empresarios foron condenados a tres meses de cárcere cada un e multa de 7.200 euros por comerciar con gases refrixerantes prohibidos.

A Fiscalía pedía inicialmente penas de dous anos de prisión e multas de entre 54.000 e 72.000 euros. Finalmente tras o acordo as penas ás persoas físicas quedaron reducidas a tres meses de cárcere e 7.200 euros de multa, coa aplicación da circunstancia atenuante de dilacións indebidas, e con suspensión da execución da condea por dous anos, a condición de que non delincan nese tempo. Para a única empresa acusada impúxose unha multa de 45.000 euros e o comiso dos gases almaceados.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía un dos procesados, responsable dunha empresa aficada en Vigo, vendía gas clodifluorometano, cuxo nomee comercial é gas R22, e que se utiliza para refrixeración industrial e de buques. A normativa europea prohibe a venda deste produto porque destrúe a capa de ozono aínda que se contempla a excepción de que se pode importar, reenvasar e exportar a outros países non comunitarios

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...