InicioSociedadeUnha enfermeira de Vigo enfróntase a 7 anos e medio de prisión...

Unha enfermeira de Vigo enfróntase a 7 anos e medio de prisión por acceder ao historial do seu ‘ex’ e da parella deste

Tamén se enfronta a 18 anos de inhabilitación por dous delitos continuados de revelación de segredos, e será xulgada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica, este martes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha enfermeira do Sergas na área sanitaria de Vigo enfróntase a penas que suman 7 anos e medio de cárcere e 18 anos de inhabilitación por dous delitos continuados de revelación de segredos, e será xulgada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica, este martes.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron entre xaneiro de 2016 e outubro de 2019. Nese período de tempo, aproveitando a súa condición de funcionaria e o acceso ao sistema IANUS do Sergas, a procesada entrou 196 veces no historial da súa exparella e outras 124 veces no historial da parella del.

Estes accesos fíxoos sen consentimento, “guiada polo ánimo de invadir a esfera máis persoal e íntima” dos prexudicados, e así puido coñecer circunstancias da súa saúde, dos seus tratamentos médicos, probas diagnósticas, etc.

O ministerio público tamén recolle que a acusada entrou 134 veces no historial médico da súa filla, da que tiña a patria potestade, sen informar o seu pai. Non consta que a procesada difundise algunha desa información sanitaria.

DELITOS E PENAS

A Fiscalía considera a esta enfermeira autora de dous delitos continuados de descubrimento de segredos relativos á saúde, cometidos por unha funcionaria pública.

Por estes feitos pide que sexa condenada a un total de 7 anos e medio de prisión, a pagar 13.200 euros de multa e a ser inhabilitada por 18 anos.

ÚLTIMAS

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...

Atopadas as primeiras ouriceiras fóseis de Galicia nunha praia de Vigo

O xeólogo Óscar Pazos acaba de informar do descubrimento das primeiras ouriceiras fóseis (icnofóseis...

Luz verde de Mos a unha nova licenza urbanística para continuar o desenvolvemento da cidade deportiva do Celta

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres unha nova licenza urbanística...

O BNG de Vigo pide revisar o plan de mobilidade da cidade para reducir os niveis de ruído e contaminación

O BNG de Vigo pediu este venres unha revisión do plan de mobilidade urbana...