InicioEconomíaCargas policiais e lanzamento de botellas e bengalas no quinto día da...

Cargas policiais e lanzamento de botellas e bengalas no quinto día da folga do metal

Tensión na protesta do metal en Vigo ás portas da actoría de Stellantis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A quinta xornada de folga do sector do metal levou a miles de traballadores a bloquear os accesos á planta de Stellantis en Vigo, onde no medio dun gran despregamento policial, decenas de antidisturbios efectuaron varias cargas.

A marcha deste xoves comezou en Praza América e acabou sobre as 13,30 horas ante Stellantis en Vigo, onde se concentraron os manifestantes coincidindo co cambio de quenda na factoría, mentres os axentes organizaran unha barreira de contención.

Despois de minutos de tensión nos cales se chegaron a rexistrar pelexas entre os propios manifestantes e con fotógrafos, houbo lanzamento de botellas de cristal cara a axentes da policía, así como pedras, ramas de árbores e mesmo un sinal de tráfico. Algúns coches aparcados nas inmediacións resultaron danados.

Entón rexistráronse varias cargas policiais e os axentes chegaron a disparar material antidisturbios para tentar despexar a Avenida de Citroën, mentres os manifestantes intensificaron o lanzamento de botellas e algunha bengala.

A manifestación ocasionou problemas de tráfico na zona de Travesas, Balaídos e Camiño do Caramuxo, e ao longo do percorrido arderon varios colectores, e outros foron envorcados na calzada.

OS SINDICATOS MANTEÑEN O PULSO

En declaracións aos medios antes de que a manifestación iniciase a súa marcha, os representantes de CC.OO., UGT e CIG advertiron de que manterán as mobilizacións e de que a patronal debe sentar a negociar porque “se lle están acabando as escusas”.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...