InicioSociedadeMoción por unha TVG libre: "Non vimos a Feijóo cando explotou a...

Moción por unha TVG libre: “Non vimos a Feijóo cando explotou a súa amizade co narco Marcial Dorado”

Presentan unha moción pola independencia dos medios públicos en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Coalición Son vén de presentar unha moción para reivindicar a “defensa da calidade e a independencia dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia”, tralo que definen como unha “escandalosa manipulación e desmantelamento do servizo público de información por parte do Partido Popular”.

O seu portavoz, Xosé Lois Jácome, apunta a un “incumprimento sistemático da Lei 9/2011, especialmente naqueles aspectos que afondan na independencia e calidade dos medios públicos”; seguindo como director xeral un cargo elixido e nomeado polo PP, “cando debería ter sido elixido por unha ampla maioría de dous terzos no Parlamento” engadiu.

Para o deputado provincial, non son novas as denuncias por parte do persoal da CRTVG. Jácome asegurou que “é algo que vén de lonxe, na CRTVG non puidemos ver a comparecencia en directo de Feijóo cando explotou a súa casual relación de amizade co narcotraficante Marcial Dorado, tampouco puidemos ver máis de 50 segundos no telexornal sobre a sentenza da Gürtel, unha orde expresa da xefa de redacción”.

“A CRTVG está baixo mínimos en canto a produción propia”, advirte o deputado: “A este paso soamente teremos o telexornal e pouco máis”. Jácome tamén reivindicará no pleno azos e apoio expreso a todo o persoal da CRTVG que se atopa coartado na súa liberdade de prensa, e especialmente ós profesionais que veñen de dimitir “en pro duns medios públicos de comunicación plurais e independentes”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...