O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o responsables de Recursos Humanos de Stellantis en Vigo e Mangualde (Portugal), Pablo Ramos, asinaron este martes un acordo para a posta en marcha de tres proxectos de FP Dual nas áreas de robótica, mecatrónica e mantemento e seguridade de coches eléctricos.
Os novos proxectos contarán con 40 prazas e impartiranse no IES Politécnico e no IES Valentín Paz Andrade, ambos en Vigo. No primeiro dos centros se impartiráel ciclo superior en Mecatrónica Industrial e o máster de FP en Robótica Colaborativa; mentres que no segundo impartirase o máster en Mantemento e Seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos.
Román Rodríguez subliñou que a FP Dual “permite deseñar plans de formación específicos, a medida das necesidades das empresas, dando resposta a á rápida evolución dos sectores produtivos e á necesidade de contar con persoas con capacitación adecuada para facer fronte á substitución xeracional”.
Os alumnos matriculados nos novos cursos poderán facer prácticas nas instalacións de Stellantis, multinacional que xa coopera desde hai anos no ámbito da formación profesional. Así, nos últimos cursos 164 alumnos estudantes pasaron por Stellantis para complementar a súa formación e 46 fixeron parte da súa formación a través da FP Dual.
STELLANTIS
Por outra banda, Stellantis pechou o primeiro semestre de 2023 con 14.043 vehículos electrificados matriculados en España (100% eléctricos e híbridos enchufables), o que se traduce nunha cota de mercado do 23,1%, segundo informou a compañía.
Así, case un de cada catro vehículos deste tipo pertencían a algunha das marcas do grupo: Abarth, Alfa Romeo, Citroën, DS Automobiles, Fiat, Jeep, Opel e Peugeot. De feito, como destacou a compañía nunha nota, é líder neste mercado, “duplicando en vendas ao seguinte grupo do ranking”.