InicioPolíticaConcello de Vigo esixe a Xunta que "deixe de bloquear" o PXOM:...

Concello de Vigo esixe a Xunta que “deixe de bloquear” o PXOM: “Non existe razón para non emitir informe favorable”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cuarta tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo do Concello de Vigo, María José Caride, esixiu á Xunta de Galicia que “deixe de bloquear” o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) xa que, ao seu xuízo, “non existe razón técnica pola que o Goberno autonómico non poida emitir un informe favorable”.

Así o sinalou Caride tras meses de confrontación entre ambas as administracións por este asunto, asegurando que o Executivo galego atrasou a aprobación do plan 12 meses debido a que non presentou os informes da Axencia Galega de Infraestruturas nin de Patrimonio, necesarios para continuar coa tramitación.

A concelleira criticou que ata en tres ocasións o Concello tivo que entregar documentación para que estes informes puidesen saír adiante, sen que aínda haxa resposta da Xunta. “A aprobación do plan xeral só está bloqueada porque a Xunta tivo medo a que os informes saísen en prazo antes das eleccións”, dixo nun audio difundido aos medios de comunicación, onde subliñou que o goberno local enviou xa todos os documentos necesarios.

“Esixíronnos por escrito unha dotación financeira de 0 euros das competencias da Xunta para os próximos 25 anos en investimento na cidade en materia viaria. O Concello fixo o que lle pediron”, engadiu, insistindo en pedir á Xunta que “deixe de bloquear” o plan vigués.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...