InicioSucesosAbsolución dos excaldes de Nigrán acusados de amañar un contrato por non...

Absolución dos excaldes de Nigrán acusados de amañar un contrato por non apreciarse suborno

A sala entende que se trata de "meras irregularidades" que non influíron na adxudicación do contrato.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza absolvendo a oito acusados, entre eles dous exalcaldes e un exconcelleiro de Nigrán, de amañar o contrato de recollida de lixo deste municipio en 2004 a cambio de mordidas, ao non apreciarse a comisión dos delitos de prevaricación ou suborno.

Segundo a resolución dos maxistrados, “non se pode identificar de modo automático” a omisión dun procedemento co delito de prevaricación e “de ningún xeito” as irregularidades detectadas no proceso de adxudicación dese contrato (que levou Cespa) integran un delito de prevaricación nin se fixo coa “espúrea finalidade” que sostiña a Fiscalía.

Con respecto ao concurso, do que non consta contrato nin factura, e que foi achegado polo propio alcalde, entón Alfredo R.M., a sala entende que estas “non deixan de ser meras irregularidades” que non influíron na adxudicación. Así mesmo, sinalase que non se constataron incidencias polo feito de que a documentación da licitación estivese gardada nun anexo na alcaldía, e tampouco houbo reparos da Intervención ou a Secretaría nin ao prego nin ao proceso de adxudicación, nin á contratación dunha empresa externa para facer un informe das ofertas.

Por outra banda, a Audiencia apunta que non consta que ningún dos acusados recibise diñeiro de Cespa a cambio da adxudicación do servizo, e expón que as cantidades de diñeiro nas contas dalgúns dos procesados, teñen unha orixe “descoñecida” que, en todo caso, non se puido determinar que fose a empresa adxudicataria.

Por todo iso, resolveu absolver aos 8 acusados, o exalcalde Alfredo R.M., o exalcalde Avelino F.A., o exedil Antonio F.C., a súa muller, un técnico dunha consultora externa, o delegado territorial da Cespa, e dúas exfuncionarios. A Fiscalía pedía penas menores de prisión, multas e inhabilitacións de entre 5 e 10 anos.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...