InicioSociedadeO 'Ártabro' atraca en Vigo tras finalizar a súa misión de inspeccionar...

O ‘Ártabro’ atraca en Vigo tras finalizar a súa misión de inspeccionar a ‘Villa de Pitanxo’

PUBLICADO O

- Advertisement -

O buque ‘Ártabro’, da empresa viguesa ACSM Shipping, atracou na mañá deste luns no Porto da cidade olívica tras finalizar a misión de procura, localización e inspección do pesqueiro galego ‘Villa de Pitanxo‘, naufragado en xaneiro de 2022 en augas de Terranova (Canadá).

Tras partir precisamente de Vigo o pasado 17 de maio, o barco volveu a navegar por augas da ría viguesa sobre as 12,00 horas, cando foi remolcado ata o antigo porto de granito, situado en Rande, Redondela.

O ‘Ártabro’ regresou a Vigo despois de que o Rov submarino que transportaba inspeccionase o pecio do Pitanxo, gravando imaxes dos restos do buque e das súas inmediacións no fondo do océano, sen que se atopase ningún corpo dos mariñeiros aínda desaparecidos. Esas imaxes servirán de probas para a investigación do naufraxio.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...