InicioPolíticaXunta e Concello de Tui unen forzas para presionar ao Goberno de...

Xunta e Concello de Tui unen forzas para presionar ao Goberno de Sánchez

Pídenlle que "concrete" o decreto de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil tras a explosión de Paramos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, uniron forzas para presionar de xeito conxunto ao Goberno de Pedro Sánchez. Pídenlle que “concrete” o decreto de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, en relación coa explosión de Parmaos, especialmente no que respecta á execución do desentullo e nas exencións do IRPF nas axudas públicas.

Así o acordaron nunha xuntanza que ambos os dous mantiveron este mércores. Neste sentido, Padín insistiu en que o Goberno central defina como vai facer as exencións ao IRPF para as axudas para as vivendas. Por iso, agarda que a Delegación do Goberno convoque unha reunión para avanzar nestas cuestións.

No encontro, Feijóo informou da concesión de axudas aos afectados pola explosión de material pirotécnico ocorrida o pasado 23 de maio. Así, destacou que a Xunta tramitou 21 subvencións para aloxamento provisional, das que se abonaron xa 27.000 euros; e 69 axudas para reconstrución ou reparación de vivendas, por mais de 1,7 millóns de euros, dos que xa se achegaron 1,2 millóns.

OUTROS ACORDOS

Ademais, o presidente galego referiuse ao novo edificio xudicial e destacou que este inmoble permitirá acoller aos tres xulgados, as súas respectivas salas de vista e as dependencias auxiliares nun único espazo, o antigo centro de saúde. As obras comezaron xa o 3 de agosto e está previsto que acaben en agosto de 2019,

Por outra banda, confirmou que entre finais de setembro e principios de outubro estará preparado o proxecto da nova ligazón da A-55 co polígono Areas, cuxa licitación está prevista para 2019; que o proxecto para a glorieta de acceso á EDAR de Guillarei empezará o primeiro trimestre de 2019; e que está en redacción o proxecto para mellorar dous tramos da PO-552.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...