InicioSociedadeEntra en prisión o presunto autor do incendio dun bus en Vigo,...

Entra en prisión o presunto autor do incendio dun bus en Vigo, parella dunha empregada de Vitrasa

A empresa denunciou dous novos ataques vandálicos contra buses este mércores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xuíza de instrución 1 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido como presunto autor material do incendio que calcinou por completo un bus urbano na cidade, o pasado 30 de abril, segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

As mesmas fontes indicaron que a segunda persoa detida, unha muller, parella do anterior e considerada o seu cómplice nestes feitos, quedou en liberdade. Ambos están investigados por un suposto delito de danos. A Policía Nacional da Comisaría de Vigo informou este mércores da detención destas dúas persoas.

A investigación determinou que o home foi o autor material do incendio que queimou por completo un bus da liña 4A, na noite do domingo 30 de abril, e tamén dun conato de incendio unhas horas antes, nun autocar da liña C3, á altura de Tomás Alonso. En ningún dos casos houbo feridos, aínda que si danos materiais. De feito, a empresa concesionaria do bus urbano de Vigo, Vitrasa, cifrou en máis de 340.000 o custo do vehículo que quedou totalmente calcinado.

MÁIS DANOS

Por outra banda, a empresa volveu a denunciar este mércores dous novos “ataques violentos” contra buses da súa frota. Así, un vehículo da liña 7 recibiu o impacto dunha pedra ao seu paso pola Estrada da Garrida sobre as 5,40 horas da mañá. Unha hora máis tarde, o condutor dun bus da liña C3, que se dispuña a reiniciar a marcha desde unha parada á altura da igrexa de Bouzas tras o seu descanso, detectou que unha das rodas do vehículo fora picada, polo que non puido retomar o servizo.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...