InicioEconomíaOs pensionistas vigueses volven mobilizarse por unhas "prestacións dignas"

Os pensionistas vigueses volven mobilizarse por unhas “prestacións dignas”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varias ducias de pensionistas concentráronse no serán deste luns na rúa do Príncipe, ante o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) para esixir, de novo, unhas “pensións dignas”.

A protesta realizouse no marco da ‘Xornada de loita estatal’ convocada en toda España pola Coordinadora Estatal por la Defensa del Sistema Público de Pensiones.

Baixo o lema “Sempre adiante! Sen loita non haberá hucha”, os pensionistas, congregados baixo o paraugas do Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións, anunciaron unha serie de actos reivindicativos que terán lugar nos vindeiros días na cidade.

Os pensionistas consideran prioritario que a actualización das prestacións volvan realizarseco IPC real.  Piden blindar esta cuestión na Constitución para que, goberne quen goberne, as pensións e a súa actualización estean aseguradas.

E entre o colectivo, chaman a atención sobre a precaria situación das viúvas, que cobran un 52% menos de pensión.

Hai que recordar, ademais, que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado, as primeiras no caso das mulleres.

Á par que en Vigo, centos de pensionistas concentráronse por toda Galicia: A Coruña, Lugo, Ferrol, Rianxo, Noia, Ribadeo, Marín, O Porriño e Vilagarcía.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...