InicioEconomíaComo pode ser a futura conexión por AVE de Vigo con Portugal

Como pode ser a futura conexión por AVE de Vigo con Portugal

O ministro portugués de Infraestruturas abordará a Saída Sur de Vigo co seu homólogo español.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A vicepresidenta do Eixo Atlántico Luísa Salgueiro, alcaldesa de Matosinhos, e o secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, reuníronse este luns en Lisboa co ministro de Planeamento e Infraestruturas, Pedro Marques, para presentarlle o segundo paquete de Infraestruturas que o Eixo Atlántico expón para o próximo período de fondos comunitarios 2021-2028 e influír no Plan Nacional de Investimentos.

Entre estas propostas ao Goberno portugués inclúese a conexión da liña do Minho (Vigo- Porto) co aeroporto Sá Carneiro e a conexión de Braga coa Liña do Minho, que na actualidade prodúcese cunha lanzadeira desde Nine, xa que Braga é fin de liña, actuacións ambas de interese non só para o norte de Portugal senón tamén para Galicia.

Xuntanza do Eixo Atlántico co ministro portugués de Infraestruturas, Pedro Marques / Eixo

Durante a reunión, o Eixo Atlántico solicitou ao ministro que se interesase ante o Goberno español polo saída sur de Vigo xa que ese interese de Portugal é determinante para que Madrid retome esta actuación. Sobre este asunto, Pedro Marques comprendeu perfectamente o interese da obra e os seus obxectivos e comprometeuse a falar co ministro español. Esta reunión compleméntase coa que o Eixo Atlántico ten pendente de concretar co ministro español de Fomento, José Luís Ábalos.

Segundo apunta o Eixo nun comunicado, a vicepresidenta do Eixo cualificou a reunión de extremadamente cordial e operativa e valorou a receptividade grande do ministro e converxencia de opinións sobre as propostas que cualificou de interesantes e viables. Luísa Salgueiro tamén explicou que o ministro afirmou que os investimentos en curso tanto na liña do Norte como do Minho reforzarán en pouco tempo as relacións económicas entre Portugal, especialmente o norte, e Galicia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...