InicioPolíticaFernández-Tapias: "É moi atrevido dicir que o Nadal é unha das actividade...

Fernández-Tapias: “É moi atrevido dicir que o Nadal é unha das actividade máis importante de Vigo”

A candidata á alcaldía destaca que a confrontación por parte do alcalde de Vigo "deixou un gañador, o PSOE, e un perdedor, a cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata do Partido Popular á Alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, apostou este xoves pola “cooperación institucional” en lugar da “confrontación” que, ao seu xuízo, “deixou un gañador, o PSOE, e un perdedor, a cidade”. Así o sinalou durante a súa participación no ciclo que o Círculo de Empresarios de Galicia está a adicar ás eleccións municipais.

Alí reivindicou que “ninguén pode eclipsar a economía de Vigo”. “É moi atrevido dicir que o Nadal é, despois de Stellantis, a actividade máis importante de Vigo”, lamentou a tamén presidenta do PP local, que reivindicou o papel da industria e das empresas “que puxeron a Vigo no mapa”.

Ademais referiuse ás infraestruturas, destacando como “imprescindible” a ligazón de Vigo co Porto. “Eu aínda non tiña idade para votar e o hoxe alcalde de Vigo, Abel Caballero, xa anunciaba, en 1993, o AVE a Galicia”, lembrou, ironizando con que “o fío directo con Moncloa non funciona”.

A candidata ‘popular’ aludiu tamén a algúns datos económicos que indican a diminución da capacidade competitiva de Vigo, explicando que a cidade creceu un 5% na última década, “a metade que A Coruña”, a pesar de ser a localidade máis poboada de Galicia e a que máis empresas concentra.

ÚLTIMAS

Identificado o cadáver achado nunha casa okupada de Vigo: era un home de 33 anos

A Policía Nacional identificou o cadáver achado na tarde deste pasado mércores nunha casa...

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...