InicioCulturaO campus de Vigo e o de Ourense acollerán un bioblitz, un...

O campus de Vigo e o de Ourense acollerán un bioblitz, un evento participativo de ciencia cidadá

A actividade, denominada bioblitz, terá lugar de maneira simultánea o vindeiro 12 de maio entre as 10:00 e as 12:30 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unidade de Cultura Científica celebrará un evento participativo de ciencia cidadá, coñecidos como bioblitz, onde se analizarán os ecosistemas dos campus de Ourense e Vigo. Estas actividades realizaranse de maneira simultánea en ambos campus o venres 12 de maio entre as dez e doce e media da mañá.

O bioblitz consisitirá na búsqueda e identificación de todas as especies posibles, nun tempo determinado, en grupos de ata cinco persoas. Trátase de converter ás e aos participantes en “exploradoras e exploradores das ricas contornas naturais nas que están localizados os campus universitarios de Ourense e Vigo”, explican dende a UCC+i. 

Para participar é necesario realizar a inscrición, xa que, aínda que é de balde, hay prazas limitadas. Concretamente 25 en Ourense e 50 en Vigo. Ademais, a Unidade de Cultura Científica aconsella o uso de roupa e calzado cómodo e ao menos un dispositivo móbil con acceso a internet.

Inseridos dentro do programa Ciencia de ida e volta que se desenvolve co financiamento da FECYT, estes bioblitz terán lugar simultaneamente en Vigo e Ourense entre as 10.00 e as 12.30 horas e estarán abertos a toda a cidadanía, que deste xeito poderá coñecer e explorar os ecosistemas de ambos campus. A maiores o campus de Pontevedra ofrece o luns día 8 ás sete da tarde un relatorio titulado “Biodiversidade, moito máis ca xenes e especies” da man do catedrático Adolfo Cordero na Casa das Campás. Tamén será necesaria a inscrición.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...