InicioPolíticaBNG ve "prioritaria" a mellora de conexións ferroviarias de Vigo e tacha...

BNG ve “prioritaria” a mellora de conexións ferroviarias de Vigo e tacha de “discriminación” a falta de proximidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG cualificou como “prioritaria” a mellora das conexións ferroviarias de Vigo e a súa área metropolitana para favorecer o desenvolvemento socioeconómico da comarca, e tachou de “discriminación” a ausencia dunha rede de proximidade, xa que a área viguesa é “a única de España” que, coas súas características de poboación e actividade económica carece dese servizo.

Néstor Rego, deputado no Congreso, afirmou que “lamentablemente” Vigo está a perder o seu potencial pola crise industrial e mostrouse “preocupado” porque o alcalde, Abel Caballero, afirmase que “despois de Stellantis, a primeira industria de Vigo é o Nadal” (como trasladou nun programa de televisión local).

O deputado nacionalista lembrou que as comunicacións “son fundamentais” no desenvolvemento económico dunha área urbana, e advertiu de que tanto Goberno central, como Xunta Concello de Vigo deberían ter “como prioridade común” o desenvolvemento das conexións ferroviarias entre a cidade e o resto de Galicia e España, e entre a cidade e Portugal. “Lamentablemente non é así”, constatou.

Rego advertiu de que o BNG seguirá reivindicando a conexión polo saída sur, que é “imprescindible” e criticou que a posición do Goberno, con atrasos e sen prazos concretos, fai pensar que as obras non estarán terminadas en 2020, prazo anunciado por Portugal para terminar a conexión no seu territorio.

PROXIMIDADES

Por outra banda, o deputado subliñou a necesidade de que se poña en marcha un tren de proximidade, e engadiu que a súa falta é “un exemplo da discriminación histórica de Galicia” nesta materia, xa que Vigo, “a primeira cidade de Galicia”, é a única coas súas características en España que non dispón de tren de proximidade, e criticou que PSOE e Unidas Podemos votasen en contra das emendas do BNG aos Orzamentos Xerais nas que se propuñan partidas para implementar este transporte.

Finalmente, Néstor Rego tamén se referiu a a necesidade de garantir as conexións de mercadorías, como a conexión do Porto coa Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan).

CONEXIÓNS “ROTUNDAMENTE INSUFICIENTES”

Pola súa banda, o candidato á AlcaldíaXabier Pérez Igrexas, subliñou que as conexións ferroviarias de Vigo son “rotundamente insuficientes” e “non están á altura” do que necesita unha área metropolitana como a viguesa.

Respecto diso, destacou que os servizos de media distancia están “superados pola demanda” e “a impuntualidade é a norma”; tamén denunciou a “negativa” do Goberno central a implantar as proximidades; e, con respecto ao AVE Vigo-Madrid, lembrou que “non chegou en 1993, como entón anunciou o ministro de Transportes, Abel Caballero”.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...