InicioSociedadeEn liberdade, como investigados, dous detidos por unha plantación de marihuana achada...

En liberdade, como investigados, dous detidos por unha plantación de marihuana achada ao extinguir un incendio en Vigo

No inmoble había unha habitación preparada para o cultivo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os dous homes detidos en Vigo este venres en Vigo pola súa presunta vinculación cunha plantación de marihuana localizada este xoves nunha vivenda na que se declarou un incendio quedaron en liberdade, investigados por un delito contra a saúde pública.

Á primeira hora deste xoves saltou a alarma por un incendio rexistrado na planta baixa dun inmoble de dúas alturas, na rúa Castela, perpendicular a cálea Piñeiro. Cando os bombeiros chegaron, non había persoas no interior da vivenda.

As chamas calcinaron por completo unha habitación e o fume afectou a toda a vivenda da planta baixa, así como ao chan do primeiro piso, onde hai outra vivenda independente.

Fontes policiais confirmaron que no inmoble había unha habitación preparada para o cultivo, con varios exemplares de plantas de marihuana. Na xornada deste venres, a Policía e a comisión xudicial procederon ao rexistro da vivenda e á incautación da marihuana e outros materiais.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...