InicioPolíticaAna Pontón pide un "novo tempo" para Redondela da man do candidato...

Ana Pontón pide un “novo tempo” para Redondela da man do candidato Xoán Carlos González

A portavoz nacional do BNG sinalou que o candidato representa a forma de facer política municipal dos nacionalistas galegos, que ten como principal modelo de éxito o concello de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este venres na presentación da candidatura que encabeza Xoan Carlos González Campo como aspirante á Alcaldía de Redondela, e destacou a tenacidade do candidato e o seu nivel de coñecemento do municipio, “como a palma da súa man”.

Pontón proclamou que González Campo “será o alcalde que abra un tempo novo” en Redondela, un municipio que “ten todo o potencial para ser un concello de referencia enla comarca e en Galicia”. “Só lle falta liderado político e proxecto de futuro, un proxecto con rumbo e con ideas claras, con alternativas e con propostas para que avance, progrese e mellore”, subliñou.

A portavoz nacional do BNG sinalou que o candidato representa a forma de facer política municipal dos nacionalistas galegos, que ten como principal modelo de éxito o concello de Pontevedra. “Dígoo co máximo orgullo: os gobernos municipais do BNG son gobernos de calidade, que funcionan, son gobernos solventes, que saben xestionar con eficacia cada euro”, proclamou.

Na súa intervención, Pontón volveu a facer referencia ao actual contexto de crise, cun goberno do PP na Xunta “insensible aos problemas da xente” e “desconectado” da realidade. Respecto diso, volveu a censurar que Alfonso Rueda diga “sen porse colorado” que os ‘populares’ deixaron de lado durante 14 anos a construción de vivenda protexida “porque non sabía que o acceso á vivenda era un problema para a cidadanía”.

A líder do BNG tamén se referiu ao “espolio eólico que promove o PP para que as eléctricas se sigan forrando”, e defendeu unha vez máis a implantación dunha tarifa eléctrica galega para abaratar a factura da luz de familias e empresas; igualmente, repetiu a súa proposta de aprobar un plan de rescate hipotecario ante a subida dos tipos de interese.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...