InicioSociedadeO rei Juan Carlos aterrará este mércores sobre as 12,00 horas en...

O rei Juan Carlos aterrará este mércores sobre as 12,00 horas en Vigo nun voo privado procedente de Londres

PUBLICADO O

- Advertisement -

O rei español Juan Carlos I aterrará este mércores sobre as 12,00 horas no aeroporto de Peinador de Vigo nun voo privado procedente de Londres. Segundo confirmaron fontes oficiais consultadas por Europa Press, espérase a chegada do emérito á cidade olívica a “media mañá”.

Desde alí, o pai de Felipe V desprazarase en coche ata a localidade pontevedresa de Sanxenxo, onde participará co seu barco, ‘Bribón’, nunha regata do campionato español de vela, que se celebra este fin de semana. Desta maneira, Juan Carlos I volve a Galicia case un ano despois da súa última visita, cando precisamente tamén visitou a cidade olívica para logo partir cara a Sanxenxo.

O sector hostaleiro da turística localidade galega, os veciños e os seus visitantes encadran na “normalidade” a segunda viaxe en menos dun ano a España desde que en agosto de 2020 trasladase a súa residencia habital a Abu Dabi, nos Emiratos Árabes Unidos.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...