InicioSociedadeCaballero inaugura o Nadal en pleno verán e ordena instalar as luces:...

Caballero inaugura o Nadal en pleno verán e ordena instalar as luces: “Serán o ‘top’ do planeta”

Abel Caballero anuncia a instalación inmediata das luces das festas de Nadal: "Que saiban os alcaldes de Londres, Tokio, Nova York, París e Berlín que imos ser o non vai máis".

PUBLICADO O

- Advertisement -

As rúas de Vigo comezarán a vestirse de Nadal cando aínda non rematou o verán. A montaxe iníciase este mércores en varias rúas da cidade, até completar máis de 300 rúas, fachadas, mercados municipais e outras instalacións.

Abel Caballero, en rolda de prensa, dixo: “Que saiban os alcaldes de Londres, Tokio, Nova York, París e Berlín que imos ser o non vai máis. Que se preparen. As alcaldesas de Madrid e Barcelona xa nin poden competir, é natural”, dixo entre risas o alcalde, quen non dubidou en asegurar que as festas do Nadal en Vigo serán o “top do planeta”.

O alcalde anunciou que se instalarán case 1.500 motivos de iluminación nas rúas, mil arcos, bólas de Nadal xigantes, varias árbores iluminadas por toda a cidade, e diferentes motivos ornamentais. En total, instalaranse 9 millóns de lámpadas led.

Ademais, a árbore xigante en Porta do Sol terá este ano unha altura de 31 metros (un metro máis que o pasado Nadal), e contará cun espectáculo de luces e música, do que se poderá gozar en tres pases diarios.

O gasto será de nada menos que 825.000 euros, cantidade que para Caballero é insignificante. De feito, dixo, é “baratísimo”, e lembrou que o Concello adxudicou a iluminación a unha empresa nun contrato por varios anos.

Segundo o alcalde, este gasto reverte en beneficios para a cidade. A ese respecto, recalcou que grazas á iluminación do pasado Nadal “todos os hoteis estiveron petados”, e “toda Galicia” acudiu a ver as luces de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...