InicioSucesosPiden 17 anos para o home que matou a outro en Mondariz...

Piden 17 anos para o home que matou a outro en Mondariz por queixarse que tiña a música alta

Os dous convivían no hostal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 17 anos de prisión para un home acusado de asasinato e que, en xaneiro de 2021, presuntamente acoitelou ata a morte a outro home, que vivía no hostal de Mondariz  onde o propio procesado se aloxaba neses momentos.

Segundo se recolle no escrito de acusación do Ministerio Público, os feitos ocorreron en xaneiro de 2021. Neses momentos, acusado e vítima eran os únicos hóspedes dun hostal en Mondariz, e mantiñan unha mala relación de veciñanza porque, ao parecer, o acusado puña música a gran volume de madrugada, daba golpes na parede e pedía con frecuencia tabaco á vítima.

A vítima, que levaba 17 anos vivindo nese establecemento, trasladou á propietaria do negocio as súas queixas pola actuación do acusado e este, ao decatarse, díxolle ao outro hóspede que o fodeu e que o ía a “pasar pola pedra”.

O 9 de xaneiro de 2021, o acusado comprou un coitelo de cociña nun bazar de Ponteareas, cunhas características que, segundo o informe forense, son compatibles coas múltiples feridas que presentaba o corpo da vítima (“entre 80 e 90″ lesións incisas por arma branca).

A Fiscalía sostén que, nalgún momento entre a tarde do 17 de xaneiro (cando a vítima foi visto con vida por última vez) e a noite do 22 de xaneiro (cando foi localizado o seu cadáver), o acusado acoitelouno ata matalo. O procesado foi diagnosticado hai anos de psicose esquizofrénica paranoide e estivo hospitalizado en varias ocasións. Así mesmo, consta que non ten unha boa adherencia ao tratamento que debe recibir de modo crónico.

DELITO E PENAS

Por estes feitos, acúsao dun delito de asasinato, e pide que se lle aplique a atenuante de alteración psíquica, xa que é posible que, no momento dos feitos, tivese unha diminución parcial da súa capacidade volitiva, aínda que non conste unha diminución nas súas facultades intelectivas.

Así, reclama que se lle impoña a pena de 17 anos de cárcere e que se lle prohiba achegarse ou comunicarse cos parentes da vítima por un período de 23 anos. Tamén pide que indemnice aos familiares do falecido.

ÚLTIMAS

Vigo desbloquea a tramitación urbanística para a nova Praza de España

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará definitivamente o vindeiro martes os...

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...