InicioSociedadeAlumnos da UVigo e da Escola Naval de Marín competirán o 20...

Alumnos da UVigo e da Escola Naval de Marín competirán o 20 de abril no I Regata Almirante Álvarez-Ossorio

A proba sairá ás 16,30 horas do Gremio de Mareantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alumnos da Universidade de Vigo e da Escola Naval Militar de Marín competirán o próximo 20 de abril no I Regata Almirante Álvarez-Ossorio-Trofeo Ría de Pontevedra, que desenvolverá na modalidade de ‘barco dragón’ e na que participarán dúas tripulacións por cada unha das institucións (unha masculina e unha feminina).

A proba sairá ás 16,30 horas do Gremio de Mareantes e é a primeira regata na que competirán estudantes da UVigo e da Escola Naval, aínda que “nace con vocación continuidade, segundo sinalaron fontes da institución militar.

Esta actividade enmárcase nas iniciativas que porá en marcha o vicerreitorado do Campus de Pontevedra en próximas semanas, con motivo da Semana da Creatividade e da Innovación, da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio, e está organizada coa colaboración do Club de Piragüismo de Pontevedra.

A regata desenvolverase na modalidade de ‘barco dragón’, unha disciplina deportiva orixinaria de China e que empezou a popularizarse en Euroa na década de 1990. Son embarcacións con 12 tripulantes (dez remeiros e remeiras, un temoneiro e un tripulante que leva o ritmo). Neste primeiro trofeo, o percorrido será de dous quilómetros e dous ciabogas, en augas interiores da ría de Pontevedra.

O director de área adxunta ao Vicerreitorado, Luís Torres, destacou que esta iniciativa permite “abrir o campus ao río”, tendo en conta a proximidade do campus ao Lérez, e subliñou que un dos obxectivos da Universidade é promover proximamente novas actividades nesta contorna.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...