InicioSociedadeAbel Caballero asegura que Vigo rozou o 90 % de ocupación en...

Abel Caballero asegura que Vigo rozou o 90 % de ocupación en Semana Santa

Reiterou que a cidade "xa está a competir" en materia de turismo "en todos os espazos e momentos do ano"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o nivel de ocupación turística na cidade durante Semana Santa, e asegurou que, en xeral, o ese nivel de ocupación “aproximouse” ao 90 % nos establecementos hoteleiros.

Nunhas declaracións remitidas aos medios de comunicación, o rexedor olívico constatou que a afluencia foi “moi importante” e que as rúas de Vigo reflectiron unha gran “animación” por “tantos visitantes”.

Segundo afirmou, “houbo moitos hoteis con máis do 90 % de ocupación” na segunda metade da semana pasada, de xoves a domingo e, en xeral, esa ocupación aproximouse ao 90 %. “Moi por encima das previsións”, apostilou.

Abel Caballero reiterou que a cidade “xa está a competir” en materia de turismo “en todos os espazos e momentos do ano” con outros destinos importantes, e que iso se está traducindo nun “nivel de ingresos moi significativo”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...