InicioVigo e contornaVigoO ciclo 'Eleccións Municipais 2023' do Círculo de Empresarios reunirá aos candidatos...

O ciclo ‘Eleccións Municipais 2023’ do Círculo de Empresarios reunirá aos candidatos á alcaldía de Vigo

"Este ciclo é unha ocasión única para tomar o pulso das candidaturas ao Concello, nun formato próximo que permite o diálogo cos políticos", indicou o presidente do Círculo, Manuel Rodríguez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Círculo de Empresarios de Galicia contará cos catro candidatos á Alcaldía de Vigo dos partidos que na actualidade contan con representación no Concello olívico dentro do seu ciclo ‘Eleccións Municipais 2023’.

Así, Xabier Pérez Igrexas (BNG), Rubén Pérez Correa (Podemos-Marea de Vigo), Marta Fernández-Tapias (PP) e Abel Caballero (PSOE) compartirán as súas principais ideas e liñas de actuación para a cidade.

A primeira data do ciclo será o xoves 20 de abril, na que participará o candidato do BNG. Unha semana despois, día 27, será a quenda de Rubén Pérez. O xoves 4 de maio acudirá Marta Fernández-Tapias, mentres que o 10 de maio concluirá o ciclo o actual alcalde, Abel Caballero.

“Este ciclo é unha ocasión única para tomar o pulso das candidaturas ao Concello de Vigo de primeira man, nun formato próximo que permite o diálogo cos políticos e que seguro que terá gran acollida entre os nosos asociados”, indicou o presidente do Círculo, Manuel Rodríguez.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...