InicioCulturaNace en Redondela ‘Siña Paca’, unha plataforma manter viva a cultura de...

Nace en Redondela ‘Siña Paca’, unha plataforma manter viva a cultura de base da vila

PUBLICADO O

- Advertisement -

Siña paca’. Ese é o nome dunha nova plataforma que naceu en Redondela para defender a cultura de base. Así se puxo de manifesto este na chamada I Romaría Cultural que ofreceu, durante toda a xornada, unha intensa programación artística na vila dos viadutos. A xornada, de convivio, reuniu a centos de persoas, de todas as idades, moitas das que amosaron o seu interese pola Plataforma e polo seu programa cultural e reivindicativo.

Entre as súas advertencias está a supresión das edicións para 2019 de todas as actividades culturais de base se non se consegue un compromiso firme do Alcalde para a mellora da resposta municipal. Isto afectaría, entre outras, a citas musicais como o Millo Verde, artísticas e ecolóxicas como Artelixo ou teatrais como o Festival de Títeres de Redondela, que celebra o vindeiro ano a súa XX Edicion.

“Se así se acordase finalmente, siña PACA farían acto seguido un chamado á cidadanía para mobilizarse na rúa na defensa dunha cultura en Redondela desde e para tod@s”, apunta a nova entidade nun comunicado. Tamén aposta por manter unha programación de base en todo o Concello, incrementando especialmente o labor nas 12 parroquias, a través dos seus Centros Culturais.

Críticas á actual corporación

Nunha asemblea celebrada este luns, a plataforma criticou a actitude “inadmisible” da actual corporación municipal de Redondela –onde o goberna o PP por minoría– a respecto dos colectivos que organizan actividades na vila.

Denuncia que nos últimos anos o deterioro da programación cultural en Redondela “é evidente mais, neste último ano, xa é sangrante, coa perda de catro festivais de longa traxectoria e moi boa acollida”. Refírese ao Vento Rock, o Vento Folk, o Arrastro Rock e o Arde Rande,  que se suma a citas que xa se perderan en anos previos como a Feira de Sementes. “Eventos únicos, necesarios, queridos e organizados desde a cidadanía, co esforzo que iso supón para os cidadáns e cidadás que os organizan e que non gañan un soldo á conta, senón que levan adiante esas actividades no seu tempo libre e investindo os seus recursos”, engade.

Non falamos de achegar cartos ás actividades, senón de ceder espazos, ceder infraestruturas (palcos, equipamentos técnicos) que son de tod@s, porque se mercaron cos cartos de tod@s, ou ofrecer o seguro de responsabilidade civil do Concello, que o pagamos tamén entre tod@s”, conclúe ao tempo que anuncia accións políticas e mobilizacións que irán perfilando nas vindeiras xuntanzas.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...