InicioSucesosDetido tras agradir e perseguir por sentido contrario a súa parella cando...

Detido tras agradir e perseguir por sentido contrario a súa parella cando escapaba da pelexa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, F.I.A. de Vigo e 49 anos de idade, foi detido o pasado venres na cidade olívica tras supostamente agredir á súa muller e perseguila en coche cando ela trataba de escapar da pelexa.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 22,30 horas, cando unha patrulla que se atopaba na confluencia da Avenida do Aeroporto con rúa Aragón e observou como dous vehículos circulaban por unha das rotondas en sentido contrario, decatándose de que un dos turismos perseguía ao outro.

Por iso, procederon a interceptalos, sendo unha das condutoras a suposta vítima, que manifestou discutir co seu marido no domicilio que compartían, cando el a comezou a insultar, mostrouse violento e suxeitouna polo pescozo. Aí, ela decidiu abandonar a vivenda acompañada dos seus dous fillos menores, tratando o home de interporse na traxectoria do vehículo e iniciándose unha persecución.

Pola súa banda, o home recoñeceu a discusión pero non a agresión. Tras iso, foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Responsables do Golf Ría de Vigo negan fraude de case 1,5 millóns a Facenda

A muller do responsable do club de golf Ría de Vigo, acusado de varios...

“Queremos outra sanidade”, SOS Sanidade Pública manifestarase este mércores en Vigo

SOS Sanidade Pública anunciou que volverá manifestarse en Vigo o vindeiro mércores, día 4...

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...