InicioSociedadeO Montecelo terá unha unidade de radioloxía que evitará aos pacientes oncolóxicos...

O Montecelo terá unha unidade de radioloxía que evitará aos pacientes oncolóxicos da área desprazarse a Vigo

O seu interior de distribúe en forma de labirinto para "garantir que a zona de exposición aos tratamentos radiológicos estea sempre separada e illada da zona de control médico"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Montecelo de Pontevedra contará cun novo servizo de radioloxía que evitará aos pacientes oncolóxicos da área sanitaria pontevedresa desprazarse a Vigo para recibir este tratamento.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou este sábado as obras do búnker de radioterapia, que ocupa un espazo de 430 metros, segundo explica un comunicado da Administración autonómica.

Coa seguridade como “eixo fundamental”, contará con dous aceleradores lineais que supuxeron un investimento de máis de 4 millóns de euros. A construción desta instalación emprega formigón mesturado con barita, un tipo de formigón de características especiais, que confiren un 30% máis de densidade a este material construtivo.

O seu interior de distribúe en forma de labirinto para “garantir que a zona de exposición aos tratamentos radiológicos estea sempre separada e illada da zona de control médico”.

Comesaña destacou que a dotación deste novo servizo encádrase nos plans da Xunta para renovar a tecnoloxía dos hospitais, o que supuxo o ano pasado un investimento de 76 millóns de euros para adquirir 67 novos equipos.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...