InicioPolíticaSuplantan a identidade de Gómez Besteiro para anunciar a falsa morte de...

Suplantan a identidade de Gómez Besteiro para anunciar a falsa morte de Elena Salgado

Non sería a primeira vez que este "xornalista" italiano repite esta práctica para buscar notoriedade, difundindo bulos sobre a morte de políticos e famosos ou publicando falsas entrevistas dos mesmos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un “xornalista” italiano podería estar detrás desta suplantación de identidade, creando un perfil falso en Twitter para difundir o bulo da morte da tamén galega e ex-ministra de Facenda, Elena Salgado.

Tommasso Debenedetti un “mentiroso profesional“, podería estar detrás desta conta que xa foi desactivada por Twitter.

A falsa noticia da morte de Salgado saltou a diversos medios de comunicación na última hora da tarde do mércores cando unha suposta conta en Twitter do recén nomeado Delegado do Goberno en Galicia, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, lanzaba o seu pésame pola morte da ex-ministra Elena Salgado.

A mensaxe escrita en galego, e con referencias ao “galeguismo” da ex-ministra de Zapatero, así como a identidade corporativa do perfil, arroupaban e daban credibilidade á mensaxe, a pesar de non ser unha conta verificada e que foi creada en febreiro de 2023 . Un mes antes do nomeamento do socialista como novo Delegado. O falso perfil contaba incluso con 2356 seguidores.

Captura da mensaxe lanzada dende o perfil falso

Aos vinte minutos da publicación da falsa morte da ex-ministra, o autor dos bulos publicaba outra mensaxe indicando que a súa era unha conta falsa creada polo controvertido xornalista italiano, pero a noticia da suposta morte de Elena Salgado publicábase sen filtro nos xornais La Razón, Voz Pópuli, Okdiario, El Faro de Vigo, Redacción Médica ou Economía Digital.

Foron os diarios El Plural e 20 Minutos os primeiros en desmentir o bulo xunto logo de contactar coa propia Salgado que manifestaba a súa sorpresa logo de recibir numerosas chamadas interesándose por ela.

Un mentireiro profesional

Detrás de toda esta información falsa hai un modus operandi que tería unha referencia non pasado, e ese é Tomasso Debenedetti, un xornalista italiano ao que diversos medios cualifican de “mentireiro profesional”.

De feito, un chío do perfil que compartía a falsa morte de Elena Salgado dálle por fin a autoría deste engano: “Conta falsa creada polo xornalista italiano Tommasso Debenedetti”. E é que non é a primeira vez que publica esta mensaxe tras anunciar unha morte.

Segundo manifesta Debenedetti na entrevista, comezou esta práctica no ano 2000 para demostrar que os editores dos xornais non contrastaban a información antes de publicala, logo de inventarse unha entrevista con Gore Vidal. Unha práctica que repetiu en numerosas ocasións, para logo incluso suplantar identidades de personalidades para lanzar bulos sobre o falecemento doutras personalidades de relevancia internaciona.

Así difundiu bulos sobre a morte de Felipe Gonzáles, o Papa, García Márquez, Fidel Castro, Gorbachov, ou Pedro Almodovar, entre outros.

Suplantar unha identidade é un delito penal en España

Desde o pasado 6 de setembro, utilizar a imaxe dunha persoa para abrir perfís falsos en redes sociais ocasionando á mesma situacións de acoso, fustrigación ou humillación está castigado con pena de prisión de tres meses a un ano ou multa de seis a doce meses.

ÚLTIMAS

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo,...

O acusado de agredir dúas mozas en Vigo nega os feitos e as vítimas aseguran que estaban en “shock”

Un acusado de agredir sexualmente a dous mozos en Vigo desmentiu os feitos nunha...

A Fiscalía mantén a acusación contra dous homes por violación en Vigo e as defensas ven “contradicións” na muller

Fiscalía mantivo a súa acusación contra dous homes pola suposta violación dunha moza en...