InicioVigo e contornaRedondelaA confraría de Redondela extraerá vieira na enseada de San Simón logo...

A confraría de Redondela extraerá vieira na enseada de San Simón logo de dous anos de paro

A confraría trasladou expectativas "positivas" e esperan que eses días de actividade confirmen a recuperación do bivalvo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confraría de Redondela volverá extraer vieira na enseada de San Simón dous anos despois, cunha campaña de catro días, entre o 27 e o 30 de marzo, e unha previsión de capturas de 4.800 quilos.

Esta campaña será levada a cabo por tres embarcacións do depósito redondelano, con tope de 400 quilos por barco e por día. Nesta ocasión as descargas faranse no porto de Vigo, entre as 13,00 e as 14,00 horas.

No caso destas capturas, a confraría traballará en cooperación coa nova planta evisceradora autorizada da empresa Artesa Rías Baixas, en Barro, sendo os primeiros en eviscerar vieiras con eles.

A confraría trasladou expectativas “positivas” e esperan que eses días de actividade confirmen a recuperación do bivalvo e que “se poida recuperar a extracción deste produto tan característico de Galicia de forma máis constante para futuras campañas”.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...