InicioMedio Ambiente e PatrimonioPorto de Vigo abre unha fiestra de 19 metros para ver o...

Porto de Vigo abre unha fiestra de 19 metros para ver o fondo da ría pero só estará aberta venres e fin de semana

A Xunta di que o novo visor e as estruturas que o complementan buscan converter os peiraos do Porto de Vigo en lugares "ecolóxicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo abriu este venres o seu novo observatorio submarino ‘Nautilus’, que está situado na dársena da Laxe e conta cunha ventá de 19 metros de longo para observar o fondo da ría olívica.

Esta infraestrutura forma parte dun conxunto de 300 metros cadrados de superficie que inclúe tres pantaláns e dúas ramplas de acceso a pé de rúa. Xunto a el, instaláronse 330 metros cadrados de paneis de deseño inclusivo da natureza desenvolvidos por ECOncrete que recrean hábitats naturais e está dotado de cámaras de gravación submarina 24 horas ao día.

“Todo este corredor flotante permitirá á cidadanía contemplar a flora e a fauna, tanto intermareal como submarina, que rodea o litoral portuario e que colonizará nos próximos meses estas estruturas innovadoras”, indicou a Autoridade Portuaria nun comunicado.

O observatorio poderá ser visitado de forma gratuíta os venres, en horario de 16,00 horas a 20,00 horas, así como os sábados, domingos e festivos de 10,00 a 13,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas. No acto de inauguración deste novo observatorio submarino participaron o presidente do Porto, Jesús Vázquez Almuiña; a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entre outros.

O novo visor e as estruturas que o complementan buscan converter os peiraos do Porto de Vigo en lugares “ecolóxicos”, coa intención de dar un paso máis dentro do compromiso da institución co “desenvolvemento sustentable”.

ÚLTIMAS

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...