InicioSociedadeO túnel de Lepanto reabre o vindeiro luns tras avanzar nas obras...

O túnel de Lepanto reabre o vindeiro luns tras avanzar nas obras do ascensor Halo

Quedan por alzar catro grandes pezas do anel que comporá o Halo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que o Concello reabrirá o túnel de Lepanto e o acceso á autoestrada AP-9 desde o centro da cidade a partir do próximo luns, 27 de marzo, tras os avances nas obras do ascensor Halo.

Segundo informou o rexedor en rolda de prensa, aínda quedan por alzar catro grandes pezas do anel que comporá o Halo. Mañá martes levará a cabo o izado dunha delas e esta semana tamén se completará outra segunda peza.

Pola súa banda, os dous restantes poderán elevarse con tráfico na autoestrada, xa que son os elementos máis próximos ao centro comercial.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...