InicioPolíticaO Concello do Porriño, condenado a pagar máis de 377.000 euros a...

O Concello do Porriño, condenado a pagar máis de 377.000 euros a Eulen pola explotación da piscina municipal

Eulen continuou coa explotación da piscina municipal unha vez venceu o contrato a pesar de non existir unha prórroga

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado o Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra condenou ao Concello do Porriño (Pontevedra) a abonar 377.325 euros máis intereses á compañía Eulen por facturas pendentes dos anos 2018 e 2019 pola explotación da piscina municipal.

Na sentenza, facilitada polo PSOE do Porriño, o xulgado estima en parte o recurso presentado pola empresa, á que se adxudicou en maio de 2015 o contrato de explotación por un período de seis meses.

O fallo recoñece que Eulen continuou coa explotación da piscina municipal unha vez venceu o contrato a pesar de non existir unha prórroga para que “non se interrompese a prestación do servizo como consecuencia do retraso da administración en promover unha nova licitación e adxudicación do servizo”.

Por iso, reclamaba o abono das facturas entre decembro de 2018 ata outubro do ano seguinte, que suman un total de 377.325 euros que agora a xustiza recoñece o seu dereito a percibir. Contra a sentenza cabe recurso de apelación.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...